viernes, 27 de mayo de 2022

#EuNadoPorEles 2022

Comezamos!

Si nos anos 2018, 2019 e 2021 o reto era de forma individual (aínda que sempre fomos dous os creadores e os que estivemos detrás de #EuNadoPorEles) este ano sumamos esforzo porque... NO RETO ESTAMOS DOUS!!!



RETO 2022

Para este ano 2022, dende principios de maio e ata o 9 de setembro, particulares e empresas poderán patrocinar, con doazóns, os metros que nadamos en adestramentos e competicións. Estes plasmaranse nun DIARIO de adestramento do blog e o diñeiro recadado irá destinado ao Programa de Vivenda LUSCOFUSCO (para a inclusión social e a vida independente de persoas e familias en situación de vulnerabilidade social) de Cáritas Diocesana de Ourense.

O obxectivo final é nadar a primeira proba da Triple Coroa Illas Atlánticas (http://triplecoronaillasatlanticas.com) que se celebrará o próximo 9 de setembro cun baño de 15 km entre a praia de Rodas, nas Illas Cíes, e a de Ribeira, en Baiona.

  

 

 de Cáritas Diocesana de Ourense

 

Promovemos a inclusión social e a vida independente das PERSOAS e FAMILIAS en situación de vulnerabilidade social.

Os fogares LUSCOFUSCO buscan coidar e apoiar ás persoas para que sigan tendo o control do seu entorno, nos seus coidados e na súa vida cotiá, desenvolvendo as súas capacidades e sentíndose ben. Buscamos aumentar a calidade asistencial dende dimensións relacionadas coa calidade de vida dende o acompañamento.

Promoveremos a inclusión social e a vida independente de PERSOAS e/ou FAMILIAS en situación de vulnerabilidade social, cuxo incremento foi en aumento debido á alarma sanitaria provocada polo coronavirus. Partindo inicialmente de axudalos a superar a falta dunha VIVENDA DIGNA e a COBERTURA DAS SÚAS NECESIDADES, garantindo así o acceso aos seus dereitos. Ademais do desenvolvemento de diferentes accións que axuden a mellorar a súa calidade de vida, a todos os niveis, con vistas á súa futura autonomía.

O noso obxectivo non é só paliar a situación de pobreza na que se atopan, senón que vai máis aló. Crearemos un espazo onde as persoas se sintan cómodas, onde poidan comezar a considerar as súas posibilidades de mellora. O principio fundamental da axuda é a PARTICIPACIÓN, a forma máis eficaz de promover o cambio. MELLORAMOS A CALIDADE DE VIDA das persoas e/ou familias a través do acompañamento no seu proceso de incorporación social, de forma integral, respectando os ritmos e o seu momento vital, cun traballo socioeducativo a través de Itinerarios de Inserción Personalizados.

OBXECTIVOS

  1. Facilitar a permanencia temporal a medio ou longo prazo, ás persoas en situación de vulnerabilidade, garantindo a cobertura das súas necesidades básicas para mellorar a súa calidade de vida, adaptándose ao perfil das persoas.
  2. Acompañar e asesorar ás persoas en situación de vulnerabilidade sobre os recursos (sociais, laborais, sanitarios, de lecer...) do seu contorno con vistas á súa participación e inclusión social.
  3. Promover o desenvolvemento e mantemento de hábitos de vida saudables e habilidades persoais, para a autonomía das persoas en situación de vulnerabilidade.

RECURSOS

HUMANOS:

  • Educadoras sociais: 3
  • Auxiliares educativas: 7

Todo este persoal permítenos un servizo as 24 horas, os 365 días da semana.

 INFRAESTRUCTURA:

  • Piso para reclusos, ex reclusos: 5 prazas.
  • Pisos de acollida: familias ou personas soas. Catro vivendas de 6, 6, 10 e 5 prazas.
  • Rafael Dieste: maiores de 60 anos. Con discapacidade. Menores de 30 anos. Réxime de aluguer social: 44 prazas.

 

Para facer as DOAZÓNS a #EuNadoPorEles 2022

Visita nesta web o apartado APADRIÑAR.