A iniciativa #EuNadoPorEles naceu en 2018 da man de Felipe Iglesias Mira tras unha conversa con Rafael Tabarés Domínguez e, posteriormente a axuda de Jesús Carlos Quintas Barros para os adestramentos e entrando a formar parte activa no 2022.
Coñecémonos dende hai anos, somos amantes da natación e do deporte en xeral e formamos parte do Clube Natación Escualos, participando, nos últimos anos, en diferentes competicións tanto en piscina como en Augas Abertas.
Sensibilizados pola experiencia de vivir a perda de varios seres queridos por mor do cancro, iniciamos este reto da man da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, para dar visibilidade a un proxecto concreto e local, necesitado de financiamento. Deste xeito, atopamos unha motivación extra para os nosos adestramentos e competicións e dálle un valor engadido ao noso esforzo.
O EVENTO
Entre 2018 e 2021 levouse a cabo o reto solidario #EuNadoPorEles en colaboración coa AECC de Ourense. O obxectivo final foi conseguir financiamento, en 2018, para o Programa de Apoio á Familia en Do co que conseguiu recadar 1.605 euros; en 2019 o proxecto foi o Banco de material ortopédico para pacientes paliativos cunha recadación de 2.300 euros e en 2021 financiouse a compra de cadeiras de bañeira xiratorias de aluminio ou aceiro inoxidable con algo máis de 2.000 euros recadados en doazóns.
Para este ano 2022, dende principios de maio ata o 9 de setembro, particulares e empresas poderán patrocinar, con doazóns, os metros que nadamos nos adestramentos e nas competicións. Estes plasmaranse nun DIARIO do blog e os cartos recadados irán destinados ao Programa de Vivenda LUSCOFUSCO (para a inclusión social e a vida independente de persoas e familias en situación de vulnerabilidade social) de Cáritas Diocesana de Ourense.
O obxectivo final é nadar a primeira proba da Triple Coroa Illas Atlánticas (http://triplecoronaillasatlanticas.com) que se celebrará o próximo 9 de setembro cun baño de 15 km entre a praia de Rodas, nas Illas Cíes, e a de Ribeira, en Baiona.
Promovemos a inclusión social e a vida independente das PERSOAS e FAMILIAS en situación de vulnerabilidade social.
Os fogares LUSCOFUSCO buscan coidar e apoiar ás persoas para que sigan tendo o control do seu entorno, nos seus coidados e na súa vida cotiá, desenvolvendo as súas capacidades e sentíndose ben. Buscamos aumentar a calidade asistencial dende dimensións relacionadas coa calidade de vida dende o acompañamento.
Promoveremos a inclusión social e a vida independente de PERSOAS e/ou FAMILIAS en situación de vulnerabilidade social, cuxo incremento foi en aumento debido á alarma sanitaria provocada polo coronavirus. Partindo inicialmente de axudalos a superar a falta dunha VIVENDA DIGNA e a COBERTURA DAS SÚAS NECESIDADES, garantindo así o acceso aos seus dereitos. Ademais do desenvolvemento de diferentes accións que axuden a mellorar a súa calidade de vida, a todos os niveis, con vistas á súa futura autonomía.
O noso obxectivo non é só paliar a situación de pobreza na que se atopan, senón que vai máis aló. Crearemos un espazo onde as persoas se sintan cómodas, onde poidan comezar a considerar as súas posibilidades de mellora. O principio fundamental da axuda é a PARTICIPACIÓN, a forma máis eficaz de promover o cambio. MELLORAMOS A CALIDADE DE VIDA das persoas e/ou familias a través do acompañamento no seu proceso de incorporación social, de forma integral, respectando os ritmos e o seu momento vital, cun traballo socioeducativo a través de Itinerarios de Inserción Personalizados.
OBXECTIVOS
- Facilitar a permanencia temporal a medio ou longo prazo, ás persoas en situación de vulnerabilidade, garantindo a cobertura das súas necesidades básicas para mellorar a súa calidade de vida, adaptándose ao perfil das persoas.
- Acompañar e asesorar ás persoas en situación de vulnerabilidade sobre os recursos (sociais, laborais, sanitarios, de lecer...) do seu contorno con vistas á súa participación e inclusión social.
- Promover o desenvolvemento e mantemento de hábitos de vida saudables e habilidades persoais, para a autonomía das persoas en situación de vulnerabilidade.
RECURSOS
HUMANOS:
- Educadoras sociais: 3
- Auxiliares educativas: 7
Todo este persoal permítenos un servizo as 24 horas, os 365 días da semana.
INFRAESTRUCTURA:
- Piso para reclusos, ex reclusos: 5 prazas.
- Pisos de acollida: familias ou personas soas. Catro vivendas de 6, 6, 10 e 5 prazas.
- Rafael Dieste: maiores de 60 anos. Con discapacidade. Menores de 30 anos. Réxime de aluguer social: 44 prazas.
DOAZÓNS #EuNadoPorEles 2022
- Por Bizum al 38150.
- Por transferencia bancaria ao número de conta: ES90 0075 8909 1706 0089 0335 (BANCO SANTANDER)
- En persoa nos locais de Cáritas Diocesana de Ourense (praza Bispo Cesáreo de Ourense).
En calquera dos casos, o texto EUNADOPORELES debe incluírse no CONCEPTO seguido do nome da persoa que fai a doazón.
Unha vez confirmada a doazón, os patrocinios para os metros de natación completaranse no blog eunadoporeles.blogspot.com, os apadrinamentos para os metros nadados.
IMPORTANTE: para recibir a certificación de doazóns é imprescindible que comuniques a Cáritas Diocesana de Ourense o teu nome e apelidos, NIF/CIF e enderezo completo cubrindo o formulario que aparece ao final da seguinte páxina: http://www.caritasourense.org/haz-una-donacion