Para apadriñar, sigue estes pasos:
PRIMEIRO:
Busca neste blog o apartado DIARIO e escolle a sesión que mellor se adapte económicamente á doazón que queiras facer, sempre e cando non estea xa apadriñada ou reservada.
SEGUNDO:
Escribe un correo electrónico a eunadoporeles@gmail.com ou contacta cun dos nadadores si tes como facelo, para reservar esa sesión. Espera contestación de que a sesión está libre.
TERCEIRO:
Fai a túa doazón escollendo entre as seguintes opcións:
- Por Bizum, no apartado DOAZÓN da aplicación bancaria (non a número de teléfono), ao número 38150.
Neste caso as aplicacións non permiten poñer concepto, así que agradecemos nos informedes dese pago (cantidade e nome) no correo eunadoporeles@gmail.com ou contactando cos nadadores. - Por transferencia bancaria ao número de conta: ES90 0075 8909 1706 0089 0335 (BANCO SANTANDER). Poñendo no concepto EUNADOPORELES e o nome da persoa que fai a doazón.
- En persoa na sede de Cáritas Diocesana de Ourense (praza Bispo Cesáreo s/n de Ourense).
MOI IMPORTANTE: podes desgrabar na túa declaración da renta as doazóns que realices.
Para recibir a certificación de doazóns emitida por Cáritas Diocesana de Ourense, é imprescindible que lles comuniques o teu nome e apelidos, NIF/CIF e enderezo completo (xa que estos datos son necesarios e non aparecen nas doazóns feitas por bizum ou transferencia bancaria). Para enviar os datos, tes que cubrir o formulario que aparece ao final da seguinte páxina: http://www.caritasourense.org/haz-una-donacion ou poñéndose en contacto con Cáritas Diocesana de Ourense.
Cando fas doazóns a entidades como Cáritas Diocesana de Ourense, podes desgravar o 80% de todas elas na Declaración da Renta do seguinte ano:
- Dos primeiros 150 € deduces o 80%.
- Da cantidad que supera os primeiros 150 € podes deducirte o 40% si fixeches doazóns nos dous exercicios anteriores cunha cantidade igual ou superior ao ano anterior.
Se por exemplo apadriñas unha competición de 10.000 m. dalgún dos nosos nadadores, a doazón será de 100 € dos que, na Declaración da Renta do próximo ano, recibirás devoltos 80 €. Cáritas recibirá 100 € para o Programa de Vivenda LuscoFusco e ti so gastarás 20 € contando a devolución.
Ademáis... por que non? FAITE SOCIO OU VOLUNTARIO DE CÁRITAS
A túa colaboración periódica nos permite continuar axudando e mellorando a calidade de vida das personas en risco de exclusión.
Ser parte de Cáritas é un xesto de solidaridade que implica un profundo compromiso e unha aposta por unha sociedade máis xusta.
A túa aportación como socio destinarase aos programas de acción social en Ourense (familia e infancia, formación e empleo e maiores, entre outros).
FAITE SOCIO: http://www.caritasourense.org/hazte-socio/
FAITE VOLUNTARIO: http://www.caritasourense.org/get-involved-2/