Os nadadores

Jesús Carlos Quintas Barros
Pai de familia con dous fillos

Rafael Tabarés Domínguez
Pai de familia con dúas fillas

Felipe Iglesias Mira
Pai de familia con dous fillos


Temos ficha federativa de natación co Clube de Natación Escualos e participamos activamente en competicións de piscina e Augas Abertas.

Acreditamos experiencia en natación en Augas Abertas dende hai máis de 10 anos con participación en diversas travesías a nado na costa galega e tamén ao longo da xeografía española. Queremos destacar a participación en travesías de longa distancia de 10.000 metros como foron Coruña10, a Heróica, volta á illa de A Toxa e de máis distancia como as probas da Triple Corona illas Atlánticas e a Batalla de Rande (27 km) por parte de Jesús Carlos e Rafa.