Está aberta, oficialmente, a plataforma para facer as donacións á AECC.
Para colaborar:
- Revisar no DIARIO DE RECADACIÓN deste blog, as sesións de adestramentos ou competicións que están sen reservar ou apadriñar.
- Enviar un corre electrónico a eunadoporeles@gmail.com indicando a sesión que se quere apadriñar (5 € cada 1.000 metros en adestramento e 10 € cada 1.000 metros en competición).
- Esperar resposta a ese correo, confirmando (ou non) que a sesión esté libre.
- Facer a doazón, a través da plataforma oficial para retos da Asociación Española Contra o Cancro (pago con tarxeta), sen olvidar que podes optar de forma anónima ou cos teus datos (ao tratarse dunha doazón, computará para desgravar na Renta 2018 da vindeira campaña).
A plataforma é: http://www.miretocontraelcancer.aecc.es/reto/eunadoporeles clicando no botón laranxa á esquerda da páxina "DONAR" e seguindo as instruccións. - Enviar por correo electrónico algún tipo de xustificante que indique que se fixo a aportación e, así, poñela no Diario, co nome do padriño ou madriña.
#EuNadoPorEles