martes, 23 de julio de 2019

Presentación do II RETO aos medios de comunicación

NOTA INFORMATIVA
CONVOCATORIA A LOS MEDIOS

MÉRCORES, 24 DE XULLO DE 2019
PRESENTACION
II RETO CONTRA O CANCRO 
POR FELIPE IGLESIAS MIRA
#EuNadoPorEles

A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO DE OURENSE convoca aos Medios de Comunicación de Ourense para o próximo MÉRCORES día 24 de xullo ás 11:00 h., a unha Rolda de Prensa, na Sala de Xuntas do Pavillón Municipal de Deportes de Ourense “Os Remedios”, para presentar II RETO CONTRA EL CÁNCER por Felipe Iglesias Mira (nadador de augas abertas do Clube Natación Pavillón Ourense - CNPO).

DATA E HORARIO DA ROLDA DE PRENSA: Mércores, 24 de xullo de 2019 ás 11:00 h.

LUGAR: 
Sala de Xuntas do Pavillón Municipal de Deportes de Ourense “Os Remedios”.

ASISTENTES Á ROLDA DE PRENSA: 

  • Sr. D. Felipe Iglesias Mira - Nadador de augas abertas do Clube Natación Pavillón Ourense - CNPO.
  • Sr. D. Jesús Carlos Quintas Barros. Adestrador de natación en augas abertas pertencente ao clube ESCUALOS.
  • Sr. D. Santi Escudero Pereira - Representante do Clube Natación Pavillón Ourense.
  • Mª Isidora Gómez Segade – Presidenta AECC Ourense.

PROGRAMA DESTINO DOS FONDOS RECAUDADOS: 
Banco de Material Ortoprotésico da AECC Ourense, programa Atención Integral a Familias con Pacientes Paliativos no domicilio en fase terminal.

MOTIVACIÓN PARA CREAR II RETO CONTRA O CANCRO.
Trátase da II iniciativa solidaria, neste ano destinada a recadar fondos para o PROGRAMA DE ATENCIÓN INTEGRAL A FAMILIAS CON PACIENTES PALIATIVOS NO DOMICILIO EN FASE TERMINAL, da Asociación Española contra o Cancro en Ourense.
Despois da experiencia vivida o ano pasado na preparación da primeira proba da Triple Coroa, durante a cal a iniciativa #EuNadoPorEles conseguiu recadar máis de 1.600 € mediante apadriñamentos de todos os metros nadados, e que servíu para financiar por tres anos o programa de axuda a familiares en do, sentiu a necesidade de volver a realizar este novo reto.

Según Felipe Iglesias Mira “O reto non é soamente recadar diñeiro, é rodearse de amigos, familiares e descoñecidos que te fan mover os brazos ata o final, que fan que non decaias a cada metro que nadas, sen pensar no que aínda falta para rematar. O reto segue sendo apoiar á AECC Ourense nos seus proxectos, que este ano escolle o banco de material ortoprotésico para pacientes paliativos.
Espero que moita xente se faga eco disto e conseguir, no segundo ano, moito máis que no primeiro.”

Na Rolda de Prensa ampliará máis información sobre como colaborar e outros aspectos. Pódese consultar, tamén, información no blog: https://eunadoporeles.blogspot.com

PREGRAMOS A MÁXIMA DIFUSIÓN DESTE ACTO.
GRAZAS.