lunes, 15 de julio de 2019

Servizo de préstamo gratuíto de material ortoprotésico (banco de material ortoprotésico)


SERVIZO DE PRÉSTAMO GRATUÍTO DE MATERIAL ORTOPROTÉSICO


Desde a AECC ofrecemos un servizo de préstamo gratuíto de material ortoprotésico, destinado a todas aquelas persoas diagnosticadas de cancro e familiares que así o necesiten.

                                      

Ademáis do “Banco de Perrucas”, dispoñemos de outro material como camas articuladas eléctricas, cadeiras de rodas, grúas de mobilidade, colchóns antiescaras, entre outros, son algúns dos materiais máis demandados.

Debido a esta grande demanda que recibimos na AECC, queremos darche a coñecer este proxecto:


BANCO DE MATERIAL ORTOPROTÉSICO


Servizo que vai dirixido prioritariamente en beneficio de persoas con diferente problemática social e/ou con escasos recursos socioeconómicos para adquirir este tipo de material, que o necesitan de forma inminente para a súa recuperación ou convalecencia e como axuda para o familiar coidador/a principal.

Esta iniciativa pon de manifesto as dificultades coas que se atopan moitas persoas con diferentes enfermidades e discapacidades.

Ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas que son atendidas nos seus fogares. Trátase de dotar aos familiares que prestan os coidados principais no fogar do material necesario para que a persoa estea o máis cómoda posible.  

Coa iniciativa #EuNadoPorEles que emprendeu o nadador Felipe Iglesias Mira, consistente en doazóns que apadrinen os metros que el nada, intentamos financiar unha parte importante deste proxecto en Ourense para este ano 2019.